Paminėti
Ensembles
Genres
Kompozitoriai
Atlikėjai

Žodžiai dainai: Mago de Oz. Conxuro (Da Queimada).

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasgos e dianos
Espritos das nevoadas veigas

Corvos, pintigas e meigas
Feitizos das mencineiras
Podres canotas furadas fogar
Dos vermes e alimanas

Lume das Santas Companas
Mal de ollo, negros meigallos
Cheiro dos mortos, tronos e raios
Oubeo do can, pregon da morte
Fucino do satiro e pe de coello

Pecadora lingua da mala muller
Casada con home vello

Averno de Satan e Belcebu
Lume dos cadavres ardentes
Corpos mutilados dos indecentes

Peidos dos infernais cus
Muxido da mar embravescida
Barriga inutil da muller solteira
Falar dos gatos

Que andan a xaneira
Guedella porca da cabra mal parida

Con este fol levantarei as chamas
De este lume que asemella ao do inferno

Fuxiran as bruxas a cabalo
Das suas escobas
indose banar na praia das areas
Gordas

Oide, oide, os ruxidos
Que dan as que non poden deixar
De queimarse na augardente
Quedando asi purificadas

E cando este brevaxe
Baixe polas nosas gorxas
Quedaremos libres dos males
Da nosa ialma e de todo embruxamento

Forzas do ar, terra, mar e lume
A vos fago esta chamada
Si e verdade que tendes mais poder
Que a humana xente, eiqui e agora

Facede cos espritos dos amigos
Que estan fora participen
Con nos de esta queimada

Mago de Oz